O BNG acusa á Xunta de impoñer unha normativa sen consenso que agrava o conflito da mexilla
A fronte nacionalista reclama a mediación do Goberno galego entre os sectores mexilloeiro e percebeiro para acadar unha solución negociada.
Carmela González: “É momento de achegar posturas entre dous sectores fundamentais para economía galega, a conselleira de Pesca ten que exercer as súas competencias”.
O BNG oponse o parque eólico na Serra da Groba polo seu impacto ambiental e patrimonial “crítico”
A fronte nacionalista presenta alegacións para esixir que se denegue a autorización para o proxecto Albariño I neste espazo natural.
A deputada no Parlamento de Galiza, Carmela González, alerta deste novo exemplo do “modelo especulativo e depredador do PP que só beneficia ás multinacionais eléctricas”.
O concelleiro do BNG de Baiona, Iago Pereira, denuncia que a instalación deste parque atentaría contra o potencial patrimonial, arqueolóxico e medioambiental da zona.
O BNG apoia ao sector pesqueiro e marisqueiro nas súas reivindicacións
O Concelleiro Iago Pereira e a Concelleira Yasmina Moreira respaldan á manifestación convocada pola Federación Galega de Confrarías e a Confraría A Anunciada de Baiona manifestando o seu total apoio na reivindicación pola imposición do regulamento de control da pesca, aprobado recentemente pola Eurocámara.
O BNG demanda a dotación dunha segunda ambulancia e unha mellora do servizo de radioloxía, saúde mental e fisioterapia no PAC do Val Miñor
Carmela González, deputada no parlamento galego, considera fundamental un aumento orzamentario e sinala como prioritario a reactivación da asistencia sanitaria para superar a crise sanitaria creada polos recortes da Xunta de Galiza