ACTO PÚBLICO FRONTE A INFLACIÓN

Fronte a inflación, hai alternativas

Fronte a inflación, hai alternativas

Este xoves 5 de maio as 20.00 horas no Multiusos Ángel Bedriñana, o Bloque Nacionalista Galego en Baiona vai organizar unha charla informativa para a veciñanza sobre temas fundamentais como a perda de dereitos laborais na Reforma laboral do Goberno e a crise da suba dos prezos.

Para isto, contaremos coa presenza de Carmela González, deputada bo BNG no parlamento galego e Paco Sío, secretario confederal de CIG-Emprego.

Reforma Laboral: promesa incumplida

O BNG denuncia que a convalidación do Real Decreto-lei da Reforma Laboral incumpre a promesa do Goberno de “derrogar a Reforma do PP de 2012”.

Do mesmo xeito que incumpre o compromiso no Acordo de Investidura co BNG-, derrogar a Reforma Laboral de 2012 do Partido Popular.

Mantéñense aspectos lesivos como as facilidades e o abaratamento do despedimento, a autorización administrativa previa para os ERE, os salarios de tramitación, a prevalencia dos convenios de empresa, que poden empeorar os de sector, excepto nos salarios, a prevalencia dos convenios estatais, a posibilidade de “descolgues” dos convenios, a facultade das empresas para as modificacións das condicións de traballo e a mobilidade xeográfica colectiva ou a distribución irregular da xornada, até 10%, por exemplo.

Suba de prezos: Máis Galiza e máis defensa da clase traballadora

O BNG reclama unha saída da crise de prezos que sexa xusta para a maioría social, o que require medidas transversais e non parches curtopracistas.

Unhas políticas que non castiguen a traballadoras e traballadores en beneficio da mesma minoría de sempre que se está lucrando nesta espiral inflacionista que só vai deterse con medidas estruturais como as que propón o BNG:

Unha tarifa eléctrica galega, fixar prezos máximos para a luz e os carburantes, acabar cos beneficios caídos do ceo das eléctricas, crear unha empresa pública galega de enerxía e subirlles os impostas ás grandes enerxéticas, para que contribúan a paliar a crise.

Fronte a inflación, hai alternativas