O BNG apoia as reivindicacións da Plataforma SOS Sanidade Pública

O BNG en Baiona presenta a moción para o seu debate no pleno a proposta da Plataforma SOS Sanidade Pública para apoiar e difundir a manifestación convocada para o vindeiro 6 de abril.
A organización nacionalista considera “indispensábel que a Xunta de Galiza incremente os recursos para paliar as urxentes melloras na atención primaria e poñer freo ao deterioro e desmantelamento de todo o sistema sanitario público galego en favor da súa privatización. Do mesmo xeito, reactivar e aproveitar plenamente os recursos dos hospitais públicos para afrontar o incremento das listas de agarda”.
O BNG denuncia “o continuado desleixo do goberno do PP e da Consellaría de Sanidade está a prexudicar a todas as galegas e galegos”. E propón aos grupos da corporación municipal que “polo ben da veciñanza, o concello de Baiona apoie estas reivindicacións da Plataforma SOS Sanidade Pública e chama a participar na manifestación convocada para o 6 de abril, as 12.00 horas, en Compostela”.