O Goberno Municipal négase a celebrar os plenos polas tardes
A pesares da oferta de diálogo presentada polo Partido Popular, unha vez máis néganse á celebración dos Plenos Municipais polas tardes. A proposta do Goberno Municipal foi a de recuperar a celebración mensual dos mesmos, salvo en Decembro e Agosto, proposta que demandou hai catro anos o Bloque Nacionalista Galego, tras decidir unilateralmente o Señor Almuiña acollerse ao mínimo legal establecido na Lei de Entidades Locais. O Bloque Nacionalista Galego ten demandado tradicionalmente que os Plenos Municipais deben celebrarse nun horario que permita facilitar a asistencia da veciñanza, sendo o máis acaido a partires das oito da tarde. Mais o Goberno Municipal non argumentou siquera a súa oposición ao prantexamento do Bloque Nacionalista Galego, secundado tamén polo PSOE e EU.
Na proposta ofrecida polo Bloque Nacionalista Galego tamén se solicitou que se publicitase a posibilidade que teñen veciños e colectivos para formular rogos en cada Pleno Municipal. É tempo de abrir as portas da Administración Local á veciñanza e fomentar a participación social, mais o Goberno Municipal continúa opoñéndose a elo.
Á hora de abordar as distintas representacións en cadansúa comisión, as propostas do Goberno Municipal foi acaida á representación outorgada nas urnas, polo que o Bloque Nacionalista Galego as apoiou.
Non foi tal no caso das distintas asignacións, xa que o Bloque Nacionalista Galego solicitou un xesto en canto a contención do gasto, sin menoscabo da operatividade tanto do Goberno Municipal como dos grupos da oposición. A positica reducción nun dez por cento das asignacións aos grupos municipais e das retribucións por asistencias non se viu trasladado á adicacións exclusivas e parciais do Goberno Municipal. o Voceiro Municipal do BNG, Iago Pereira, reclamou unha reducción ainda maior aos grupos municipais, mais dotándoos doutros medios, como espazos propios nas dependencias municipais e un plan de dixitalización da documentación e notificacións.