Convocado Pleno Extraordinario para o Xoves 18

Convocado Pleno Extraordinario para o Xoves 18

O Concello de Baiona convoca Pleno Extraordinario co fin de dar cumprimento legal ao precepto polo cal, tras a constitución da Corporación Municipal e designación de Alcalde debe convocarse un novo Pleno Municipal no que se aprobe a periodicidade dos mesmos, a creación e composición das Comisións Informativas Permanentes, os nomeamentos dos representantes da Corporación en órganos colexiados e coñecemento das resolucións do Alcalde en materia de nomeamentos de Tenientes de Alcalde, membros da Comisión de Goberno e Presidentes das Comisións informativas, así como das delegacións que a Alcaldía estime oportuno conferir.

Respecto á periodicidade dos Plenos, o Bloque Nacionalista Galego reclamou a súa celebración mensual, cando o Señor Almuiña decidiu reducilos a bimestrais, o mínimo legal. A pesares de que a nova proposta do Partido Popular recupera a tradicional periodicidade, non resulta suficiente xa que erra no horario dos mesmos. Debe fomentarse a asistencia aos Plenos Municipais dos baioneses e baionesas, e a súa celebración a partires das doce da mañá é un atranco considerable nesta labor.

Tras a celebración do Pleno Municipal o vindeiro Xoves, o Bloque Nacionalista Galego enlazará a documentación relativa ao mesmo, o seu posicionamento final sobre cada punto e conclusións, co fin de achegar as decisións adoptadas pola Corporación Municipal aos baioneses e baionesas.

CONVOCATORIA DE PLENO EXTRAORDINARIO - 18/06/2015

Convocado Pleno Extraordinario para o Xoves 18