Orzamentos 2016. As prioridades do PP
Ante a presentación por parte do Goberno Municipal dos Orzamentos Municipais para o exercicio 2.016, o Bloque Nacionalista galego ten primeiro que congratularse, xa que por segundo ano consecutivo o Partido Popular fai caso dalgunhas das reiteradas peticións que realizaron os concelleiros nacionalistas en canto ao incremento da partida adicada a emerxencia social, que pasa dun 4,27 % ao actual 4,65 %.
Mais as felicitacións rematan aquí. Os orzamentos do exercicio 2.016 seguen a ser moi deficientes para as necesidades dos baioneses e baionesas. Así, a partida de emprego pasa dun 1,2 % a un 1,12%, a de educación dun 5,08% a un 4,9% e a de Cultura dun 2,51% ao 2,46%.
Pola contra, as maiores subas danse en Festas populares e festexos, aumentando medio punto, do 2,43% ao 2,92%. As taxas por infraccións da ordenanza de circulación e retirada de vehículos da vía pública segue co seu aumento de cada ano e pasa a ser de 116.831 , cáseque un 10 % máis que no 2015 e un 80% máis que hai 3 anos.
Mais as partidas raíñas en canto a crecemento están nos órganos de goberno. Así, en atencións protocolarias e representativas prodúcese un aumento do 30,77%, pasando de 13.000 a 17.000 ; en publicidade e propaganda a suba é dun espectacular 125%, máis do doble.
As cargas en canons e tributos que o Partido Popular vén apoiando sen rechistar seguen custando aos baioneses e baionesas máis dun 12% do Orzamento. Son máis de 200.000 euros os que obrigan a pagar aos cidadáns coa súa constante submisión as políticas fraticidas do FMI.
Desde o Grupo Municipal do BNG-AA, seguimos solicitando unha promoción activa de emprego, unha política activa e de promoción de acceso á vivenda e á cultura e a recuperación da achega de 2.000 ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. No caso da achega ao Fondo Galego, pese ás reiteradas solicitudes por parte do Bloque Nacionalista Galego, non só non se recupera, sinón que o Goberno Municipal non ten a decencia siquera de xustificar esta eliminación. Evidentemente, porque non ten xustificación algunha e demostra a inexistente sensibilidade do Goberno Municipal coa cooperación internacional, non xa incumplindo o compromiso de incremento ate o 0,7% dos orzamentos, sinón directamente coa desaparación da partida.