O oposición únese en defensa das vivendas protexidas
Convocados polos veciños das vivendas protexidas de As Escubichas, todos os partidos da oposición acudiron a una xuntanza na que manifestaron a súa preocupación por una situación totalmente inxusta que están a padecer e que supón un grave perxuizo económico precisamente ás familias que máis dificultades está a padecer nesta crise sistémica.
A obriga urbanística de manter zonas verdes públicas é totalmente inxusta e aplicada erradamente no Concello de Baiona, xa que esta obriga a contraen os promotores do desenrolo urbanístico en nome dos futuros propietarios das vivendas desenroladas. Ademáis, prodúcese unha desigualdade evidente, xa que uns veciños e veciñas soportan máis obrigas que outros, cando están a pagar os mesmos impostos.
Por isto, PSOE, BNG e EU presentarán unha moción conxunta no vindeiro Pleno Municipal, co fin de que o Concello de Baion no acorde a constitución de entidades de conservación e facilite unha solución que non grave a economía das familias con maiores dificultades.