Si non é si, é non. Campaña da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona

Punto Morado BNG
Punto Morado BNG

A Concellería de Igualdade do lanza unha campaña de sensibilización para previr as agresións sexista nas festas do Concello de Baiona.

Si non é si, é non. Campaña da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona

A violencia machista é unha das manifestacións máis graves da desigualdade entre mulleres e homes e o Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdadde debe ser o principal impulsor de políticas que a combatan. A pesar dos avances logrados, grazas a unha gran labor de concienciación a través das iniciativas sociais de organizacións feministas, o que axudaron a impulsar cambios normativos, aínda é necesario un cambio a nivel real.

Continuamente acontecen asasinatos e agresións a mulleres polo simple feito de selo, acadando un notábel impacto mediático, necesario para un cambio de conscienca social ao respecto.Estas agresións sexuais acrecéntanse especialmente durante festas e aglomeracións, polo que as medidas para combatilas deben reforzarse,

As Institucións así como os axentes sociais e a sociedade en xeral teñen a obriga de previr e combater as agresións sexistas e neste marco sitúase a Campaña SI NON É SI, É NON que difundirá o Concello de Baiona a través da Concellería de Igualdade.

A campaña comeza o 16 de xullo e extenderase durante o 2, 3 e 4 de agosto, na celbración das Festas da Anunciada. O obxectivo é sensibilizar á veciñanza, especialmente á mocidade no rexeitamento cara as manifestacións de violencia contra as mulleres, impulsando unha posición activa fronte ás condutas sexistas, sensibilizar sobre a importancia da resposta veciñal fronte as agresións sexistas e informar sobre os recursos dispoñibles de orientación, atención e denuncia das agresións sexistas.

SI NON É SI, É NON lanza ademais mensaxes tanto a quen sofre unha agresión sexista como a potenciais testemuñas, lembrándolles que gardar silencio e non actuar supón complicidade co agresor.

Ademáis, tamén se informará dos programas específicos de atención a mulleres vítimas de violencia sexual, da aplicación móbil "agresión off", así como dos teléfonos de emerxencia 112 e 016, entre outros.

A campaña inclúe :
- Un punto Informativo en materia de violencia de xénero, sito na rúa Elduayen, cun horario de 20.00 a 24.00 horas o Martes 16 de Xullo, de 20.00 a 1.00 horas o Venres e Sábado 2 e 3 de Agosto e de 20.00 a 23.00 horas o Domingo 4 de agosto.
- Carteis, folletos e material promocional.

Para a difusión da campaña cóntase con profesionais especializadas en xénero, e educadoras de rúa que entre outras desenvolverán as seguintes funcións:
- Sensibilizar á mocidade sobre a importancia da resposta veciñal fronte as agresións sexistas.
- Promover condutas de respecto e bo trato.
- Informar sobre recursos en caso de ser vítima de agresión.
- Reparto de merchandising

Yasmina Moreira, Concelleira de Igualdade informou que este ano só será posíbel levar a cabo a campaña nos días sinalados, debido a non existir maior dotación orzamentaria, mais que no vindeiro ano a intención é levar este punto informativo a todos os eventos e festivais con grande afluencia de público.

Si non é si, é non. Campaña da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona