Charla Informativa sobre a Reforma Local
O BNG realizará este Venres, a partires das oito e cuarto da tarde, na Praza de Abastos de Baiona, unha charla informativa na que explicará aos asistentes as consecuencias da reforma local do PP, que vai supor a perda de servizos públicos e sociais que a día de hoxe están a recibir dos concellos. A reforma supón recortar servizos, privatizar os que queden e invadir competencias dos municipios en beneficio das deputacións.
Nesta charla, presentada polo Responsábel Local da formación frontista no concello, Xosé Manoel Marcote, participará o seu Portavoz Municipal, Iago Pereira, e a deputada no Congreso dos Diputados, Olaia Fernández Davila.
A reforma local é un paso máis na estratexia xeral de recortes que está a aplicar o PP na sanidade, na educación ou na dependencia. Neste caso, co agravante de que se invaden competencias directas dos concellos a favor das deputacións, pese a que os primeiros son a administración máis próxima e ten un coñecemento claro dos problemas dos veciños e das veciñas, todo o contrario do que sucede coas deputacións.
Estamos ante unha reforma lexislativa que implica redución de servizos públicos á cidadanía, redución do benestar e redución da democracia, xa que resta competencias aos concellos elixidos pola cidadanía para recentralizar esas competencias nas deputacións, que non son de elección directa.
Entre os servizos afectados: asistencia social a domicilio así como as prestacións que dependen dos traballdor@s sociais dos concellos, centros de día, políticas de dinamización de emprego, escolas infantís, comedores escolares ou as prestacións deportivas e culturais.
Privatización
Laminar os concellos quitándolle servizos para concentralos nas deputacións como paso previo a súa privatización. Estes servizos que agora prestan os concellos serán ofertados en macro-contratos desde as deputacións en beneficio de grandes empresas que optarán a eses paquetes sen preocuparlles as necesidades reais, nin as particularidades dos veciños e das veciñas de cada concello.
O efecto desta reforma muda para peor a prestación de servizos públicos que a cidadanía recibe dos concellos e debe ter unha resposta contundente por parte do conxunto da sociedade galega, por iso o BNG pón en marcha esta.