O BNG reclama a apertura do vial de acceso á Urbanización Vista Real

O BNG reclama a apertura do vial de acceso á Urbanización Vista Real

vista_real

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar no Rexistro Municipal do Concello de Baiona unha moción pola cal insta ao Concello de Baiona a iniciar conversas coa Comunidade de Montes de Santa María de Afora co fin de que se produza un acordo que posibilite a apertura do vial que comunicaba o barrio da Anunciada coa urbanización Vista Real.

Este vial abríuse provisionalmente durante o proceso de construcción da citada urbanización, mediante un convenio entre a Comunidade de Montes Santa María de Afora e a empresa constructora. Nese convenio tamén se contemplaba o peche do vial unha vez rematada a construcción, repoñendo o lugar á súa situación orixinal.

Son diversos os veciños e veciñas de Baiona que veñen reclamando a apertura dese vial, xa que serviría para desconxestionar a entrada e saida ao núcleo urbano de Baiona a través de Avenida Monterreal.

A Comunidade de Montes de Santa María de Afora mesmo tivo que personarse nun litixio por coaccións interposto por un veciño, que consideraba que o peche do vial non se axeitaba a dereito, resultando unha sentencia favorable á comunidade de montes, considerando o xuiz que non se  podía esixir a apertura dun vial de uso público nun terreo privado.

Este vial mesmo aparece reflexado na aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal, conectando coa futura saída da vía rápida entre Sabarís e Baredo.

Con todo, o Bloque Nacionalista Galego reclama tamén que se acorde ou indemnice axeitadamente aos propietarios dos terreos por onde discurre o vial, a Comunidade de Montes en Mancomún de Santa María de Afora, sempre e cando ésta sexa favorable ao mesmo.

O BNG reclama a apertura do vial de acceso á Urbanización Vista Real