Sin planificación xurden os problemas
Cando en Pleno municipal ficou aprobada a reforma das antigas vivendas do profesorado do Colexio de Sabarís para convertilas en vivendas sociais, o BNG non só apoiou esta iniciativa, deixando atrás calqueira partidismo e actuando na mellora de calidade de vida da veciñanza de Baiona, sinón que demandou ao daquela Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, que adoptara as medidas necesarias para reubicar aos colectivos sociais que ocupaban o edificio. O seu compromiso foi que así sería.
Do mesmo xeito, O BNG consciente desta problemática fixo referencia á reubicación dos colectivos no Centro Antena de Sabarís na iniciativa proposta e aprobada en pleno da creación do Centro de Interpretación da Natureza do Val Miñor en ditas instalacións.
Mais tras as Eleccións Municipais o novo Goberno atopóuse con que nada se fixera polo anterior Goberno Municipal e non se buscara alternativa ningunha. Os ditames e recomendacións xurídicos indicaban unha longa tramitación mudar a ordenanza de usos do Centro Antena de Sabarís. Tan só quedaba a vía de facelo por decreto ou a reubicación temporal no multiusos Ángel Bedriñana para a Asociación de Veciños Castro e Ladeira e Asociación de persoas con discapacidade do Val Miñor Encaixamos.
O noso portavoz municipal, Iago Pereira, o pasado venres 8 de novembro recibe un whatsapp persoal do Sr. Martín Otero, Presidente da Asociación de veciños, convidando á asistir a asemblea extraordinaria do día seguinte nos seguintes termos: “entendemos que todos debemos arrimar el hombro hacia el mismo lado, por y para Sabarís, si no es así, siempre nos encontrareis en frente”.
A sorpresa foi maiúscula no BNG cando se publicita mediante nota de prensa por parte da Asociación de Veciños Castro e Ladeira que BNG e Nós Baiona estiveron ausentes nunha xuntanza á que estaban convidada toda a Corporación Municipal. O acordo do Goberno Municipal foi que asistiría o Sr. Alcalde en representación do mesmo, polo que non era de recibo a presenza de representantes dos grupos políticos que conforman o Goberno Municipal. Si non foi explicado ou non foi entendido polos presentes terá que ser explicado por eles mesmos.
Tamén resulta curioso o convite á asemblea extraordinaria da oposición xa que, en todos os anos do actual Presidente da asociación cando o BNG formou parte da oposición nunca foi convidado a ningunha asemblea.
Celebrámolo e agardamos que isto supoña un cambio para un mellor funcionamento e un ben para a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa e non responda a ningún outro tipo de interese.
O BNG entende como idóneo que ambos colectivos sigan a desenvolver a súa actividade na parroquia e traballamos para iso e, de non ser posíbel, seguirá realizando propostas en favor da veciñanza e colectivos sociais do Concello de Baiona, aplicándoas naquelas áreas que son da súa competencia e suxeríndoas onde non.