A LOITA CONTRA OS BUNGALOWS ILEGAIS CONTINÚA DEZASETE ANOS DESPOIS
O BNG reclama que se rescaten os terreos do camping e se busque unha reubicación
En relación ás últimas informacións relacionadas coa permanencia dos bungalows ilegais no Camping Baiona Playa o grupo municipal do BNG-Asembleas Abertas en Baiona non só manifestou e se personou como demandante diante desta situación, sinón que propuxo en todo momento que a única opción válida sería a expropiación dos terreos, vendidos no seu día polo Estado Español, e a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal co fin de establecer unha ubicación alternativa á actual.
A situación de irregularidade dos bungalows non é nova e si non se repuxo a legalidade todavía foi porque a dirección do Camping e diversos gobernos municipais, en maior ou menor medida, actuaron en colaboración para que non se acadase unha resolución firme. Non se escapa tampouco á arbitrariedade xudicial, nada parcial nas súas resolucións, que permitiu que unha cuestión xuzgada e sentenciada desde o ano 2.001 continúe todavía sin executarse.
Xa no recurso contencioso-adminsitrativo que o BNG presentou no ano 2014 sinalábase que na demanda e no escrito de conclusións o Camping Baiona Playa solicitaba que se lle concedera a oportunidade de iniciar un proceso de legalización, cando precisamente non podían dar queixa da laxa actuación administrativa e das oportunidades concedidas para iniciar o dito proceso de legalización. De feito este procedemento estivo suspendido durante un ano para dar unha nova oportunidade ao tan mencionado proceso de legalización que unha vez máis se viu abocado ao fracaso. De feito, no seu escrito de conclusións contestou ao BNG, en lugar de rebater ao Concello de Baiona. O tempo que se pediu só tiña unha finalidade, voltar a gañar tempo para seguir explotando o Camping. Volve o Xuzgado do Contencioso-Administrativo, coa resolución actual a facilitar esta estratexia, demorando até o infinito unha situación ilegal que beneficia ao infractor. A xerencia do Camping Baiona Playa ríese da xustiza, do Concello de Baiona e por extensión de todos os baioneses e baionesas. Si realmente houbese unha intención de legalización por parte da infractora, ésta debería solicitar unha licenza e presentar un proxecto técnico completo. Non o fai porque lle convén que non se resolva a cuestión fundamental: a manifesta ilegalidade da instalación dos bungalows nun espazo protexido.
O BNG non quere que Baiona deixe de contar cunha infraestructura hoteleira que é beneficiosa para o turismo, precisamente por iso mesmo demanda o cumplimento da legalidade. Só a través dun servizos turísticos sostíbeis e respetuosos co noso entorno Baiona pode seguir sendo un destino turístico sen igual. A única solución válida é recuperar o uso público duns terreos incluídos na Rede Natura 2000 e a presentación dunha alternativa no Plan Xeral de Ordenación Municipal que permita o traslado ou a ubicación dun novo camping no entorno da parroquia de Santa Cristina, proceso que debe realizarse en constante diálogo entre todas as Administracións Públicas e a veciñanza de Baiona.
Por elo o Goberno Municipal, si quere deixar de facerlle o xogo dilatorio a quen incumple a sabiendas a legalidade, debe asumir a responsabilidade e sumarse a unha demanda xa clásico do BNG, instar ao Goberno do Estado para que rescate o uso dos terreos que no seu día vendeu (instancia que reclamou en varias ocasións o BNG no Congreso dos Diputados) e modificar o PXOM para posibilitar que siga existindo un camping na nosa localidade.
O Grupo Municipal do BNG agarda que non teña que suceder como no caso do campo de golf, onde o Goberno Municipal do Partido Popular tivo que aceptar os postulados que manifestou o BNG no seu programa electoral, aceptándoos só cando xurdiron as demandas veciñais, en troques de actuar responsablemente e poñendo os intereses de baioneses e baionesas por riba dos dunha empresa privada.