O Partido Popular presenta o PXOM da especulación

O Partido Popular presenta o PXOM da especulación

IMG_0041

O Bloque Nacionalista Galego manifestará a súa oposición ao Plan Xeral de Ordenación Municipal presentado polo Partido Popular, ao manterse nunha visión dunha Baiona baseada na especulación e que non da solución aos problemas reais no noso concello.

Así, mantense unha ubicación do polígono industrial nun entorno que desde que se prantexou evidencia a súa inviabilidade, mantense un equipamento deportivo que acabará convertíndose nun campo de golf xustificando a súa utilidade pública por riba da posta en valor dos montes veciñais, evítase prantexar alternativas á áctual ubicación do Camping Baiona Playa e mantense a visión de que en Baiona deben construirse vivendas secundarias en troques de potenciar a primeira residencia.

O Partido Popular céntrase nun só sector productivo, o turismo, evitando a diversificación que faga posible que Baiona conte con máis alternativas laborais e que evite a contínua emigración dos baioneses e baionesas que marchan do noso concello por non ter opción laborais e por non poder permitirse os altos custes de residencia que provocou a especulación urbanística.

Mesmo ante o prantexamento de que as prazas hoteleiras no noso concello non están correctamente dimensionadas prantéxase que habendo vivendas secundarias cúbrese perfectamente esa demanda. Eis a visión do Partido Popular en Baiona.

Por todo isto o Bloque Nacionalista Galego votará en contra desta proposta, xa que aposta por unha Baiona viva, que non dependa exclusivamente do turismo, mais sin esquencerse del e potenciando a súa calidade, que ofreza a posibilidade de que empresas que demanden espazos para a súa actividade non teñan que acudir a outros concellos do entorno e que posibilite, mediante plans de promoción de vivendas a prezo asequíbel, que a xente moza teña que marchar de Baiona.

Documento presentado para a súa aprobación

O Partido Popular presenta o PXOM da especulación