Alegacións aos orzamentos de Baiona

Alegacións aos orzamentos de Baiona

orzamentos

Durante a celebración do Pleno Municipal celebrado a semana pasada o Bloque Nacionalista galego mostrou unha postura crítica cos orzamentos para o ano 2014 presentado polo Goberno Municipal, ao tratarse dun documento sin un proxecto para Baiona, baleiro de contido social, cultural e humanitario, deixando de lado calqueira liña de axuda contra os problemas reais dos baioneses e baionesas. Confírmase que o grupo de goberno convertiu ao noso concello nunha simple sucursal dos mandatos das políticas partidistas do Partido Popular.

Dende o Goberno Municipal véndese coma un grande éxito a “débeda cero”. Certo é que se ten débeda cero coa Xunta de Galiza, co Goberno do Estado, coa Troika, cos bancos e coas grandes empresas. Máis tense unha grande débeda cultural, social e humanitaria cos veciños e veciñas de Baiona, nomeadamente os que menos teñen e que, inxustamente, máis están pagando as consecuencias dunha políticas erradas no pasado. Baiona ten débeda cero cos poderosos, máis unha débeda incalculábel coa veciñanza.

Nesta perspectiva o BNG prantexou catro liñas de modificación dos orzamentos municipais en forma de alegacións aos mesmos:

1)    Incrementar as axudas a emerxencia social.

2)    Recuperar a achega de 2.000 euros ao Fondo Galego de Cooperación Internacional.

3)    Adicar unha partida de axudas as familias en risco de exclusión social para os comedores escolares.

4)    Que non se eliminen partidas adicadas a becas de formación.

Non contentos con isto, o Partido Popular trata de disimular o incremento de máis de 140.000 euros en cánones como o da electricidade, saneamento ou recollida de residuos adelgazando aquelas partidas que máis deberían incrementarse nestes momentos, como son as axudas de emerxencia social

Queda pois amosado que os baioneses e baionesas sustentamos a un goberno apoltronado, sen ideas, sen iniciativa, que non é quen de respostar aos problemas que padecen.

En resposta a estes orzamentos o BNG prantexará distintas alegacións aos mesmos, achegándoas a aqueles baioneses e baionesas que desexen presentalas durante o período de exposición pública.

Modelos de alegacións:

Alegación 1 - Axudas ás familias

Alegación 2 - Becas de formación

Alegación 3 - Axudas emerxencia social

Alegación 4 - Fondo Galego Cooperación

Alegación 5 - Alegación conxunta

Alegación presentada polo BNG

Orzamentos municipais 2014

Estado de ingresos

Orzamentos

Resumen orzamento

Alegacións aos orzamentos de Baiona