VAGAS EXCUSAS PARA EVITAR SER PIONEIROS NO IMPULSO AO TRANSPORTE SOSTÍBEL
O Partido Popular négase a aceptar medidas en favor do vehículo eléctrico
A moción do Bloque Nacionalista Galego - Asembleas Abertas en Baiona avogaba por unha adaptación da normativa municipal que impulsase e contribuise á implantación do vehículo eléctrico como unha alternativa real ao transporte privado con motores de combustión.
Si ben é certo que a ordenanza reguladora do imposto de vehículos de tracción mecánica, coñecido habitualmente como a rodaxe, xa contempla en Baiona unha reducción do 75%, tamén o é que as normativas urbanísticas municipais non se teñen adaptado á realidade e cambios nos hábitos que supón o uso dun transporte que contribúe á reducción da emisión de CO2 e o ruído.
As dúas principais eivas con que se pode atopar o usuario dun vehículo eléctrico son a súa autonomía e os tempos de recarga, polo que se deben facilitar medios para combatilas. Eis a clave pola que a instalación de puntos de cargas en Baiona constibuirá non só a que cada vez máis persoas opten por esta opción todavía hoxe minoritaria, sinón que aquelas que xa o sexan poñerían no punto de mira das súas rutas e visitas a un concello que dí presumir dunha excelencia turística que semella esquencerse á hora da innovación.
As vagas excusas de que hai que agardar "a ver que pasa" cos estudos doutras administracións públicas non delatan máis que unha sumisión e falta de previsión do Goberno Municipal. Cando o uso do vehículo eléctrico estean moito máis extendido Baiona estará aínda prevendo e estudando ubicación e proxectos para instalar puntos de carga en instalacións municipais ou nas súas rúas.
Resulta paradóxico como cando xurden rumores da instalación dunha megafactoría de Tesla no noso entorno a todo o mundo parécelle prioritario, toda vez que os plans da empresa pioneira na fabricación de coches eléctricos non contempla nos seus plans a medio e longo prazo nin un só supercharger en toda Galiza.
Eis a diferenza entre un Goberno Municipal que non ten proxecto para Baiona e un BNG-AA que ten perfectamente definida a orientación cara unha Baiona que afronte o Século XXI á vangarda.