As obras na Praza de Abastos deixan aos comerciantes na rúa
O Alcalde de Baiona actúa como nin tan siquera o fixo Benigno Rodríguez Quintas Chicho. Na remodelación da praza de abastos que realizara o Alcalde Chicho buscou alternativas aos comerciantes da Praza de Abastos, habilitanto un edificio cercano. Moitos anos despois a soberbia de Vázquez Almuiña obvia a problemática que supón perder durante, cando menos, tres meses o seu lugar de traballo.
Non son suficientes os argumentos de que a maioría das concesión venceran e as que non se rescataron segundo a legalidade, a xestión política debe ir máis aló do cumprimento da legalidade, debe dar solución aos problemas da cidadanía. Neste caso non houbo preocupación pola situación de desampara en que quedan os titulares dos postos. As do Alcalde veñen máis, nos tememos, por intereses particulares alleos aos traballadores da Praza de Abastos, mariñeiros, pescantinas, carniceiros e fruteiras que vén como o seu único modo de sustento queda truncado caprichosamente. Desde o Bloque Nacionalista Galegos consideramos que o xeito idóneo de actuación tería sido prantexar un espazo alternativo ou ofrecer unha liña de axudas compensatorias polos inconvintes xerados.
A moción que vén de presentar o Grupo Municipal do BNG no Concello de Baiona vai nesa liña e, ademáis, a de que no concurso de adxudicación dos postos na renovada Praza de Abastos de Baiona se teñan en conta e valoren os antecedentes daqueles posíbeis adxudicatarios e adxudicatarias que tiveron concesión e actividade até o de agora na Praza Ángel Bedriñana.
É sentir xerar dos mariñeiros e pescantinas do noso concello que si o benefactor Ángel Bedriñana contribuiu á donación dun inmoble para que coa súa venta poide terse contruido a Praza de Abastos, siga a manterse o espíritu orixinal da defensa deste sector, moi importante para tantas familias baionesas.