Os concelleiros do BNG non asisten á electoralista festa dos maiores
Como xa é tradicional, os concelleiros do BNG Asembleas Abertas non asistiron á electoralista festa dos maiores. Este xesto cobra maior énfase en tempos nos que os baioneses e baionesas demandan racionalidade no gasto, e sobre todo si temos en conta o actual período preelectoral.
Este tipo de actos constitúen unha práctica caciquil. É unha obriga moral que asumen Iago Pereira e Xosé Manoel Marcote, constituida por aquelas persoas que apoian á formación nacionalista.
Cada ano increméntase o número de asistentes, mais é responsabilidade dos representantes públicos facer públicas as prioridades, cuestionando os cánones establecidos, practicando unha nova forma de exercer a política e desterrando o servilismo.
Novamente os concelleiros do BNG quédanse sós nesta defensa, posto que os demáis integrantes da Corporación Municipal, goberno e oposición, asisten á pantomima disfraza de homenaxe aos nosos maiores. Precisamente non pode haber maior homenaxe a eles que deixar de escenificar un encontro que non busca máis que a súa complacencia a cambio dun xantar. Existen alternativas e o Bloque Nacionalista Galego as practicará de ter labores de goberno. Está en mans dos baioneses e baionesas decidir si debe facerse seguidismo do caciqueo ou cómpre apostar pola transformación social. Hai alternativa e o BNG a está a ofrecer.