Encontros abertos para o debate do programa electoral
O BNG-Asembleas Abertas comeza esta semana os Encontros abertos para o debate e achegas ao seu programa electoral, así como presentación a colectivos sociais de Baiona. A elaboración do programa electoral viu até o de agora producido polo proceso de asembleas abertas no que militantes, simpatizantes e colectivos poideron achegar as súas visións á liña política do BNG, marcada durante toda a lexislatura a través de iniciativas, xuntanzas e charlas informativas.
Neste programa electoral terá cabida tamén un análise do traballo desenvolvido, determinando con claridade que a única oposición ao Partido Popular foi o Bloque Nacionalista Galego e que represente á Baiona alternativa.
Os encontros comezán o Martes 28 de Abril, no que se debatirán cuestións relativas á democratización do concello, facenda local, política fiscal, novas tecnoloxías e sociedade da información.
O Mércores 29 de Abril os asuntos a tratar serán cultura, educación, política lingüística e sanidade.
O Xoves 30 de Abril falarase sobre mocidade, igualdade, deporte, servizos sociais e emprego.
Finalmente, o Sábado 2 de Maio tratarase a mobilidade, medio ambiente, vivenda e urbanismo, turismo, comercio e consumo.
O Bloque Nacionalista Galego convida a todo aquel baionés ou baionesa que desexe participar e opinar sobre calqueira das cuestións a tratar a que participen nos encontros abertos, que se celebrarán a partires das oito da tarde cada día, no local electoral do Bloque Nacionalista Galego sito na rúa Caixa de Aforros número tres.