O BNG abandona o Pleno Municipal en sinal de protesta
Volve a producirse un novo episodio do Alcalde intolerante e antidemócrata que ten o Concello de Baiona. Sentirse impune produce estas situacións. Onte falabamos do desprezo ao galego incumprindo a normativa vixente, hoxe temos que falar da contínua e reiterada falta de respeto das ferramentas de control e exercicio democrático municipais.
A pesares de que o Bloque Nacionalista Galego ten amosado o seu talante conciliador co equipo de goberno, sin menoscabo de ser taxantes na crítica cando procede, a resposta do Partido Popular é a desconsideración.
O pasado once de marzo, oito días antes da comisión informativa e quince antes do pleno, o BNG presentou no Rexistro Municipal catro kocións para ser debatidas: demanda dun plan de emprego femenino, creación dos consellos de saúde das áreas sanitarias, prescrición de fármacos de última xeración a persoas doentes de hepatite C e apoio á concesión de asilo político ao saharaui Hassana Aalia.
Novamente o señor Alcalde non ten en consideración incluir na orde do día do Pleno Municipal ningunha iniciativa, evitando o debate e amosando unha penosa falla de talante. Poderán decir que a lei lles ampara, non así a ética. Hai que lembrar que desde hai anos existe un acordo verbal no quedaba comprometido aceptar o debate de calqueira iniciativa presentada pola oposición si era presentada en tempo e forma, goberne quen goberne. É evidente que a palabra do señor Almuiña e do seu séquito non ten valor ningún, polo que haberá que actuar en consecuencia.
Existen principios democráticos básicos que son irrenunciables, non só pola súa importancia en si mesmo, sinón porque si non se defenden a impunidade do Partido Popular acaba converténdose na maraña e fervedoiro de corruptelas e fraudes que están a vivir en múltiples lugares e institucións. Por iso, o BNG en Baiona decidiu abandonar a sesión plenaria en sinal de protesta e convidou aos membros da Corporación Municipal a que secundasen esta iniciativa.
Como única resposta o señor Almuiña só argumentou que non incluiu as mocións do BNG na orde do día porque "non están relacionadas con Baiona son mocións políticas e estamos en campaña electoral". Está ben que recoñeza o Alcalde de Baiona que o desemprego femenino, a sanidade pública ou os enfermos de hepatite C non teñen que ver cos baioneses e baionesas. Non é unha mostra máis da despreocupación polos problemas realmente importantes que nos están a afectar.
Nin que decir ten a dramática situación que está a sufrir o activista Hassana Aalia merece cando menos un mínimo de atención. Si calqueira de estivese na súa situación, non estaría agradecido coa máis mínima mostra de apoio? Está claro que si o Partido Popular noutras institucións fixese o que ten que facer non teríamos que "perder o tempo" no Pleno Municipal nestas cuestións.