Alegacións a uns orzamentos electoralistas
Tras a aprobación inicial no Pleno Municipal dos orzamentos para o ano 2015, o BNG vén de presentar alegacións aos mesmos.
Iago Pereira, Portavoz municipal, sinala que: "Son uns orzamentos electoralistas. A estratexia que seguiron desde o equipo de goberno, que ben lles ensinaron dende a Xunta de Galiza e a Moncloa, foi rebaixar ao máximo as partidas sociais un ano ante do das eleccións para así aumentalas no ano electoral".
Un claro exemplo son as partidas adicadas a emerxencia social, que no 2015 constitúen o 4,27% do orzamento, no 2014 eran o 4,14%, mais no 2013 supoñían o 4,32%. Ainda así, cómpre saludar que o Goberno municipal reflicta nos orzamentos aspectos incluidos nas alegacións que o BNG presentara no exercicio do 2014, como son a recuperación das bolsas de formación.
Nunha lectura atendendo ás decisións políticas na xestión os baioneses e baionesas pagaremos 159.000 máis que hai dous anos nos conceptos de canos de SOGAMA, saneamento ou tarifa eléctrica. O noutrora rebelde coa Xunta Vázquez Almuiña agora non é quen de defender os intereses da veciñanza e acata sin rechistar as subas nos servizos.
Non obra a maxia precisamente o Concello de Baiona. Cómo pode aumentar partidas respecto ao exercicio anterior sin subir impostos e taxas? Sinxelo, incrementando a partidas de sancións, tanto en retirada de vehículos da vía pública como por multas de infraccións da ordenanza de circulación. Pásase de 81.000 no 2014 a 106.000 no 2015.
O BNG presentou finalmente tres alegacións aos orzamentos, que son as seguintes:
- Aumentar ou, como mínimo, recuperar a partida existente nos orzamentos de 2013 destinada a axudas a familias e institucións sin ánimo de lucro, por un total de 28.000 .
- Destinar os 15.200 previstos para a festa da terceira idade a axudas a persoas en situación de emerxencia social (axudas ao aluguer, recibos de auga e enerxía, alimentación, roupas...).
- Recuperar o importe da partida existente en orzamentos anteriores para o Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade de axudas a paises do terceiro mundo.