Valoración dos resultados electorais en Baiona polo Consello Local

Valoración dos resultados electorais en Baiona polo Consello Local

Os resultados obtidos polo BNG en Baiona nestas eleccións galegas de 2024 son históricos. Os 2.103 apoios e máis dun 30% dos votos recibidos supoñen o mellor resultado colleitado polo BNG na nosa localidade. Así, subimos 900 votos e mais dun 10% de apoios con respecto as pasadas eleccións, sendo a segunda forza máis votada en todas as mesas electorais converténdonos claramente no referente como alternativa ao PP.

A pesares disto, o resultado foi insuficiente porque noso obxectivo era abrir un tempo novo para o país e para a nosa veciñanza cun goberno liderado polo BNG.

Tamén amosar a nosa gratitude polo grande traballo que realizaron as compañeiras e compañeiros durante toda a campaña e na xornada electoral do domingo.

Do mesmo xeito, agradecer todo o extraordinario apoio da veciñanza que con 2.103 votos danos máis forzas para continuar defendendo os intereses da veciñanza e do noso país e  traballando para un futuro mellor. 

Valoración dos resultados electorais en Baiona polo Consello Local