Quero pedir desculpas por non asistir ao acto en recordo de Beatriz
A día de hoxe 5 de febreiro, as 8.47 horas da mañá fun convocado a través dunha mensaxe por whatsapp polo Sr. Alcalde do Concello de Baiona a unha concentración para as 11.00 horas na Praza do Concello para o acto de gardar un minuto de silencio en recordo de Beatriz Lijó.
Quero pedir desculpas de xeito público por non ter asistido a dito acto. Mais ca pouca marxe de tempo que o goberno municipal me deu, fíxoseme imposíbel poder acudir.
Como representante institucional da veciñanza de Baiona esixo que as convocatorias e actos do actual goberno do PP de Baiona se organicen e se convoquen con máis tempo que dúas horas e cuarto. Supoño que para ir á festa do cocido de Lalín, a que asistiron a maioría do PP de Baiona, non o organizaron dúas horas antes.