DA ESIXENCIA URXENTE DA REPARACIÓN AO TRIPARTITO A 8 MESES PARA ADXUDICAR AS OBRAS
O PP arranxará o paseo fluvial de Baredo por un custe 10 veces superior ao que lle esixían ao tripartito
Os temporais de finais do ano 2022 esnaquizaron, entre outras infraestruturas, unha parte do paseo fluvial de Baredo. Concretamente uns 50 metros aproximadamente do tramo que pasa sobre o Río Fraga.
En febreiro do ano 2023 (apenas 2 meses deste incidente) o PP na oposición “urxía ao tripartito a deixar as escusas económicas e arranxar o paseo”. Así, dicían que a problemática do custe de reparación cuantificada en 100.000 € non era verdade xa que o PP estimaba que o custe real da reparación era duns 20.000 € como máximo.
Este pasado 11 de febreiro de 2024, o actual goberno do PP anunciaba de xeito pomposo a adxudicación das obras para restaurar o paseo de Baredo tras un ano inoperativo por un importe de 233.000 €.
O PP leva 8 meses gobernando o Concello de Baiona e parece que as reclamacións de extrema urxencia para reparar o paseo fluvial de Baredo quedaron no esquecemento e a denuncia do malgasto dos 100.000 € orzamentados cando aseguraban que o custe era de 20.000 € tan só fai un ano, convértense agora en 233.000 € que son unha inversión necesaria.
Esta dobre vara de medir deixa as claras o tipo de políticas e de oposición que leva a cabo o Partido Popular de Baiona o cal, por certo, utiliza constantemente o de que “no hai dinero” algo que na oposición chamábanlle escusas.