Celebración do Día da Patria no Val de Miñor
![]()
Este sábado 11 de xullo celebramos a Patria Galega no Val de Miñor izando a nosa bandeira, símbolo da nosa identidade, da nosa lingua, da nosa cultura e do compromiso co noso país.
Este ano facémolo na Praia de Santa Marta, en Baiona, un lugar escollido para poñer en valor este espazo e simbolizar a nosa defensa do territorio fronte á depredación e á especulación. A nosa bandeira representa todas as causas xustas, un pobo con dereitos e un mundo en paz.
Desde o BNG Baiona, BNG Gondomar, BNG Nigrán e Galiza Nova Comarca de Vigo renovamos o noso compromiso de seguir traballando cada día, desde os nosos concellos e en todas as institucións, por unha Galiza con máis dereitos, máis oportunidades e un futuro decidido desde aquí. Queremos unha terra viva, con servizos públicos de calidade, que coide da súa xente e do seu territorio.
Porque defender Galiza non é só celebrala un día ao ano: é construíla cada día.
Feliz Día da Patria Galega! ![]()
![]()