Juli Castro segue coma responsábel local do BNG en Baiona

Juli Castro, responsábel local
Juli Castro, responsábel local
Juli Castro segue coma responsábel local do BNG en Baiona

Despois da Asemblea Nacional do BNG celebrada o pasado mes de decembro e cumprindo co proceso de nomeamento dos órganos locais, o BNG en Baiona ven de renovar a confianza en Juli Castro coma responsábel local co respaldo unánime da Asemblea Local.

Juli, que leva ostentando o cargo dende 2019, amosaba “gratitude pola confianza depositada en min polas compañeiras e compañeiros”, ao mesmo que sinalaba “temos grandes retos por diante como ampliar a base militante no noso concello e a loita contra o espolio enerxético que está a sufrir Baiona cos diferentes proxectos eólicos que ameazan o noso territorio. Pero por enriba de todo, o obxectivo fundamental é acabar co actual goberno local do PP de Almuíña que está a facer unha nefasta xestión e está xerando un malestar social que está a prexudicar a veciñanza de Baiona.”

A Asemblea Local tamén nomeou as persoas integrantes do consello local que queda formado pola propia Juli como reponsábel local, Iago Pereira como portavoz, Bernabé Sequeiros como responsábel de comunicación e Yasmina Moreira como responsábel de organización.

Juli Castro segue coma responsábel local do BNG en Baiona