O BNG reclama que o 25-N ten que ser unha data reivindicativa e de reflexión para avanzar en dereitos, non unha efeméride disfrazando árbores de violeta

O BNG reclama que o 25-N ten que ser unha data reivindicativa e de reflexión para avanzar en dereitos, non unha efeméride disfrazando árbores de violeta

O BNG pretende rachar con “esta ritualización que estamos vendo do 25-N por parte do goberno da Xunta en xeral e, do PP de Baiona en particular, e afondar na vertente reivindicativa e no avance dos dereitos”.

Para as nacionalistas esta data “non pode ser unha efeméride disfrazadas de simples festexos en lugar de datas de reflexión e unha aposta decidida pola mellora dos servizos públicos coa ampliación de recursos para así poder avanzar dun xeito efectivo e real en dereitos”.

Xa que logo, critican “o continuo baleirado de contido que o PP de Almuiña ven realizando nestes dous últimos 25-N para converter este día nunha mera data onde disfrazar de violeta as árbores do noso concello”.

Na mesma liña, dende o BNG tamén denuncian que “a violencia machista non é un negocio” e sinalan a “indecente decisión do goberno da Xunta de Galiza de privatizar os centros de crise 24 horas para vítimas de violencia sexual que van estar nos hospitais galegos pero que van xestionar Eulen e OHL, dúas multinacionais amigas do PP e que van recibir por ese servizo sete millóns de euros”.

O BNG reclama que o 25-N ten que ser unha data reivindicativa e de reflexión para avanzar en dereitos, non unha efeméride disfrazando árbores de violeta