O BNG chama a participar na charla “organización ante a problemática da vivenda” organizada por Galiza Nova

O BNG chama a participar na charla “organización ante a problemática da vivenda” organizada por Galiza Nova

A charla será este xoves as 19.00 horas no Centro da Terceira Idade da Ramallosa e contará coas intervencións de Alexandra Fernández; deputada no Parlamento galego, Iago Pereira; portavoz do BNG en Baiona e Casto Magalláns; responsábel local de Galiza Nova en Nigrán.

Unha das maiores preocupacións da sociedade en xeral, e da mocidade en particular, é o acceso á vivenda.

O Val de Miñor é nunha comarca que soporta a especulación urbanística, o negocio turístico, vivendas de segunda residencia e unha falla de planificación urbanística axeitada que reflicte nuns desorbitados prezos tanto para compra como para réxime de alugueiro, e que fai que a veciñanza teña que marchar para outras zonas a vivir. Así, concellos como Nigrán e Baiona están á cabeza dos concellos galegos máis caros para adquirir unha vivenda. 

A constante inacción por parte do goberno do PP produce este grave problema. É por iso que o BNG esixe á Xunta de Galiza actuar con urxencia en materia de vivenda e aposta por ordenar e aumentar o parque público como alternativa para solucionar este problema residencial.

O BNG chama a participar na charla “organización ante a problemática da vivenda” organizada por Galiza Nova