Iago Pereira elexido candidato do BNG para ás eleccións municipais de 2023
O actual portavoz municipal recibiu o apoio da Asemblea Local e foi confirmado polo Consello Nacional
A militancia e simpatizantes da organización nacionalista en Baiona decidiu na súa Asemblea Local renovar a súa confianza en Iago Pereira como candidato á alcaldía de cara ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio.
Iago Pereira leva dende o ano 2012 sendo o portavoz municipal e serán súas terceiras eleccións municipais como candidato á alcaldía de Baiona polo BNG
O xa candidato, expresou o seu “agradecemento á confianza e responsabilidade nel depositada polos compañeiros e compañeiras para seguir liderando o proxecto que o Bloque Nacionalista Galego ten para Baiona”.
Ao tempo que puxo en valor o traballo da súa compañeira de grupo e actual concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, que “en tres anos e medio conseguiu facer a Baiona máis igualitaria e feminista da historia”.
Apuntou tamén que “demostramos que o BNG é un partido responsábel para gobernar e que traballa negociando e realizando propostas construtivas que benefician aos nosos veciños e veciñas”.
En canto as eleccións municipais, Iago Pereira concluiu decindo “sen renunciar a nada, aspiramos a seguir sumando apoios e obter un amplo apoio do electorado para ter unha maior forza que nos permita seguir construíndo unha Baiona máis ecolóxica, feminista, humanizada e con servizos municipalizados de calidade.