O BNG amosa a súa repulsa ante o asasinato de Estela en Baiona
O BNG en Baiona ven de condenar enerxicamente o asasinato da nosa veciña acontecido no noso concello o pasado venres 8 de novembro. Do mesmo xeito instan as autoridades que esclarezan canto antes as circunstancias que levaron ao fatal desenlace para Estela Blach Silva.
Engaden tamén as condolencias á familia e persoas achegadas trasladando o apoio nestes difíciles momentos.
O grupo nacionalista apunta tamén que “estamos no mes do 25 N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, por iso emprazamos a todos os axentes socias e a sociedade en xeral a non baixar a garda diante da violencia machista e reclamou un maior esforzo para frear os feminicidios e para ampliar a rede de protección para todas aquelas mulleres que están sufrindo violencias”.