O BNG consegue un pacto beneficioso mentras o Goberno do PP de Baiona preocúpase pola amnistía
O actual goberno de Baiona, co sr. Vázquez Almuiña á cabeza, considera fundamental para os baioneses e baionesas que non se conceda unha amnistía que consideran ilegal.
Un acordo do que non sabían ningún dos puntos pero o importante parecía ser amosarse os primeiros en demostrar a implacable oposición a tal afronta á unidade de España. Deste xeito, tardaron apenas 10 minutos tras o anuncio oficial do pacto entre PSOE e Junts en meter a moción por urxencia.
Foi unha pena que o mesmo PP de Baiona, co mesmo alcalde, non se opuxese do mesmo xeito á amnistía fiscal levada a cabo polo goberno de Rajoy coa cal, milleiros de defraudadores e defraudadoras regularon o diñeiro “en B” que posuían. Persoas cun poder adquisitivo alto que non pagaron impostos dos que nos beneficiariamos todas e todos.
No debate da moción, o sr. Alcalde facendo gala de pouco sentido democrático, non permitiu o dereito a réplica que por Lei temos os grupos políticos que representamos á veciñanza.
Un pacto co BNG que si beneficia a Baiona
O pasado 6 de novembro o Bloque Nacionalista Galego chegou a un acordo para a investidura co PSOE.
Un documento que, entre outas, recolle:
- Menos peaxes
- Novas transferencias para Galiza
- Redución do prezo dos abonos de transporte
- Ampliar o permiso de paternidade e maternidade a 20 semanas
- En caso de condonacións de débeda, medidas compensatorias análogas para a Galiza
Un acordo que conta con moitos beneficios directos para as baionesas e baioneses como galegas e galegos que somos. Agardemos que, desta volta, o PSOE cumpra co acordado.