TODO O MUNDO, INCLUÍDO O SR. ALCALDE, FALOU DO “NOVEMBRO LILA”
Quinto Novembro Lila
Este venres 3 de novembro, a Concellaría de Igualdade do actual goberno do Partido Popular, ven de presentar “Baiona lila”.
Chama poderosamente a atención o cambio de nomenclatura desta importantísima actividade que se ven realizando en Baiona dende que o Bloque Nacionalista Galego tivo responsabilidade de goberno.
Os novembros lila son fundamentais como ferramenta de apoio a concienciación social sobre a violencia machista. Actividade que precisa dun orzamento que permita seguir traballando para facer partícipes a toda a sociedade en xeral e a comunidade educativa en particular. Agardemos que nos vindeiros orzamentos o P.P. aposte pola igualdade e que o “Baiona lila” non sexa o primeiro paso para a desaparición do Novembro lila.
Foi moi curioso que en ningún momento de toda a presentación se falase da Baiona lila e até no discurso do propio sr. Alcalde si se falase da actividade como Novembro lila.
Un absurdo troco de nome como vaga estratexia para ocultar o grande traballo feito pola concellaría do Bloque Nacionalista Galego. Aínda así, incluso para o sr. Vázquez Almuiña, o Novembro Lila sempre será do B.N.G., da exconcelleira Yasmina Moreira e de Baiona.