IAGO PEREIRA FAI UNHA VALORACIÓN PERSOAL DOS RESULTADOS ELECTORAIS MUNICIPAIS EN BAIONA

606 grazas polo apoio

Iago Pereira, Portavoz do BNG en Baiona
Iago Pereira, Portavoz do BNG en Baiona
606 grazas polo apoio

Cando as urnas electorais determinan un resultado tan claro a análise xeral é moi clara: Baiona decidiu que o PP encabezado por Jesús Vázquez ten o amplo respaldo para liderar o goberno da nosa vila os vindeiros catro anos.

A oportunidade que se lle brindou ao PSOE de Carlos Gómez sendo maioritariamente a forza máis votada no 2019 e tras 15 anos de gobernos do PP, non foi aproveitada.

 

Considero que os resultados do BNG son malos polo feito da perda dunha acta. Pero unha análise un pouco máis profunda e tendo en conta o “tsunami” electoral do PP e o castigo a un goberno onde eramos a terceira forza, a obtención de 606 votos e un 8,54% son cifras que podemos catalogar como aceptables dende a óptica da resistencia e con estes condicionantes mencionados.

De calquera xeito, ábrese un periodo de análise sosegado no que valorar en profundidade as causas e os resultados. A partir de aí, traballar dende o lugar que a veciñanza nos situou porque o grupo humano que forma o BNG en Baiona nunca baixará os brazos porque somos a única forza política que pode traer un cambio real para Baiona.

 

A nivel persoal toca tamén unha reflexión, darlle os parabéns ao PP, gratitude as/aos meus compañeirxs e agradecemento as 606 valentes persoas que depositaron a confianza no BNG.      

606 grazas polo apoio