Reflexións por unha mellor Baiona

Yasmina Moreira, Iago Pereira, Juli Castro e Bernabé Sequeiros
Reflexións por unha mellor Baiona

Debate en Televigo e SerVigo
Un debate que toda veciñanza debera ver antes de decidir a quen votar. Pódese velo no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=ZcNlwkt3ce0


O PXOM de Almuiña e 1000 vivendas
Vexo incrédulo a propaganda do PP de Baiona co mesías Almuiña á cabeza. Parece que acabe de aterrar na nosa Vila.
Moitas das propostas que fai son criticando ao PXOM. Agora resulta que o propio Alcalde e creador do Planeamento Xeral de Ordenación Municipal non ten culpa algunha do mesmo:
Non está a favor da gasoliñeira de Outeiro e no PERI IV en Covaterreña vai falar con todo o mundo e facer non sei qué. Só falta que tamén se posicione en contra do campo de golf.
Tamén promete a creación de 1.000 vivendas. Hai que lembrar que o PP prometeu no 2016, rehabilitar 1.500 vivendas co programa RExurbe, e no 2020 prometeron, 3.000. Fixeron 9 inmobles rehabilitados en toda Galiza. E por suposto cando fala de vivenda non é vivenda pública, o PP non aposta por elas, así dende o 2015 crearon 22 en toda Galiza.


Festas e fotos do PSOE
A veciñanza de Baiona nas eleccións municipais de 2019 apostou de xeito claro polo PSOE e por Carlos Gómez como relevo para un cambio de rumbo tras 15 anos de gobernos do PP.
Certo é que en moitas cousas houbo un cambio en positivo, pero tamén é verdade que repetiuse un erro de concepto político que lastra e imposibilita construir unha Baiona para a veciñanza e séguese na liña dunha Vila para as persoas visitantes. Deste xeito, mantense un alto gasto en todo tipo de festexos e unha desmesurada aparición fotográfica do Alcalde en calquera cousa.


Baiona merece máis
Merecemos un proxecto sólido que permita unha transformación real de Baiona. Unhas políticas que sitúen á veciñanza no centro de todo. Isto acompañado dunha clara aposta por poñer en valor as nosas potencialidades arqueolóxicas, etnográficas e naturais que deseñarán unha Baiona con futuro.
Precisamos un BNG con moita máis forza para conseguilo.

Reflexións por unha mellor Baiona