Recuperado un espazo verde tras a denuncia do BNG
O pasado mes de Xaneiro o BNG en Baiona rexistrou unha denuncia pola que se solicitaba a restitución dun espazo verde no Burgo, urbanización do PERI III, na Fonte dos Gafos. A denuncia presentóuse tras o aviso dun particular, que viu como unha zona verde onde se atopaban unhas maceiras, entre outras prantas, se pechaba cunha vaia logo de recepcionar o Concello de Baiona a urbanización da zona.
Curiosamente, coa desaparición da vaia incorrectamente instalada tamén lle acompañou a vexetación presente na zona verde. Casualidade ou non, a restitución da legalidade orixinou un caso de vandalismo, sin poder determinar a autoría do mesmo.
Así mesmo, o BNG fai un chamado ao conxunto de baioneses e baionesas para que contacten coa formación nacionalista en todas aquelas cuestións que consideren oportunas, a través das múltiples canles de comunicación que teñen establecido:
- Correo electrónico: [email protected]
- Facebook: Bng Baiona
- Twitter: @bngbaiona
- Grupo Municipal do BNG en Baiona: Rexistro Municipal do Concello
- Teléfono: Resp. Local (653 588 604 - Xosé M. Marcote)