Preferentes, bridas, pastas e café
O Pleno Municipal, de mans do Sr. Almuiña, convertíuse nunha cuchipanda pepeiros.
O pasado Xoves vivíronse situacións lamentábeis no Pleno Ordinario do Concello de Baiona. A constante e incondicional sumisión ao sistema neoliberal e aos dictámenes do capitalismo, imposto desde a Troika, levou ao goberno baionés a actuar coma se estivesemos nunha dictadura.
12 gardas civís e toda a plantilla da Policía Local de Baiona custodiando a Casa do Concello e control policial dende primeira hora, restrinxindo a entrada á Casa do Concello a personas que non estivesen acreditadas pola equipa de goberno, quedando sen poder acceder ao mesmo varios baioneses e baionesas que ían facer algunha xestión. A partires das 13 horas comexou a deixarse pasar aos veciños, de un en un. Iso sí, para acceder ás instalacións municipais eran obrigados a sacar a cazadora, por si levaban algunha camisola que non lle gustase a algún.
O salón de plenos parecía un búnker. Fiestras e contras amarradas con bridas para non poder abrirse.
Trinta persoas estafadas na Praza do Concello pedindo ser atendidos polo goberno baionés. Nin caso. Os grupos da oposición rogámoslle ao Alcalde que atendese a algún representante dos preferentistas. Nin caso. Lóxicamente abandonamos o Pleno Municipal.
O máis esperpéntico de todo foi ver por primeira vez en moito tempo o aforo do salón de plenos completo. Non cabía ninguén máis. Un salón cheo de militantes e simpatizantes do PP que levaban dentro das instalacións do concello dende as 8 h da mañá. Iso sí, coa piparra ben chea. Prensa, pasteis e café degustaron estes palmeiros do Alcalde dentro das instalacións municipais. Logo escaparon coma ratas pola porta traseira do concello.
O dito, unha cuchipanda de pepeiros.
Iago Pereira Moreda
Concelleiro do BNG en Baiona