O BNG reúnese con colectivos para tratar o PXOM baionés
Logo de ter sido os primeiros en publicar na súa web os textos e planos presentados polo Concello de Baiona para a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o BNG comeza unha serie de contactos con colectivos relevantes, expondo de primeira man as súas impresións a respecto do mesmo. Nas xuntanzas que se están a producir tamén se intercambiarán impresións, co fin de deinicir posibles alegacións que melloren o texto presentado.
A primeira fase de contactos produciranse coas comunidades de montes, principais propietarias de terreos no concello e fonte de riqueza natural e económica, segundo o BNG, si contan co apoio e impulso necesario. Baiona non pode recurrir ao turismo e á especulación inmobiliaria como principais fontes de riqueza, xa que estaría condenando aos baioneses e baionesas a ter que abandonar o seu concello por falta de traballo e vivenda.
A través da súa web o BNG irá expondo as impresións sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal presentado, destacando as súas eivas e cáles son as alternativas que se deben ter en conta.