O BNG CONSIDERA GRAVE NON CONTAR COA BRIGADA E AMÓSASE PREOCUPADO POLA DEFICIENTE XESTIÓN DO GOBERNO DO SEÑOR VÁZQUEZ ALMUIÑA

O PP deixa ao Concello de Baiona sen brigada contra incendios forestais

O PP deixa ao Concello de Baiona sen brigada contra incendios forestais

Os incendios forestais é un dos problemas máis importantes que temos no noso país cada ano. O evidente cambio climático e o desleixo sistemático da Xunta de Galiza en materia de prevención inciden de xeito notable en que os incendios que se producen sexan máis agresivos, perigosos e desestacionalizados.

Cada ano a Xunta de Galiza dificulta administrativamente máis a creación de brigadas que non sexan de certas empresas. Así, a eliminación das brigadas as mancomunidades e comunidades de montes, hai que engadirlle as dificultades administrativas que impón para a creación de brigadas municipais.

É por esta razón que o anterior goberno de Baiona no que levábamos esta área, creamos unha bolsa de empregadas e empregados para poder axilizar os prazos administrativos de contratación.

Aínda así, o actual goberno do PP foi incapaz de xestionar a creación da Brigada municipal de prevención e extinción de incendios forestais para este ano 2.023, deixando  por primeira vez en moitos anos, a Baiona sen protección propia para a defensa de incendios forestais.

O PP deixa ao Concello de Baiona sen brigada contra incendios forestais