O DEPUTADO DO BNG NO CONGRESO, NÉSTOR REGO, CRITICA O POUCO INVESTIMENTO NA GALIZA E O INCREMENTO EN GASTO MILITAR QUE PROPÓN O GOBERNO DE PSOE E UP

O BNG solicita unha inversión de 3 millóns de euros en Baiona

O BNG solicita unha inversión de 3 millóns de euros en Baiona

O BNG en Baiona ven de presentar a través de Néstor Rego, deputado no Congreso, emendas aos orzamentos xerais do Estado por un valor aproximado de 3 millóns de euros.

Solicitan o acondicionamento e accesibilidade do paseo da Foz que quedou insuficientemente reparado coas obras relizadas no muro de contención.

Propoñen a realización dun estudo para facer accesíbel o edificio de Capitanía Marítima.

Outra vez máis emendan a adquisición dos terreos da Foz do Miñor nos que se sitúa o Camping pola necesidade de recuperación do litoral nunha zona de Rede Natura 2000 e para cumplir coa Lei de costas.

Dado que a día de hoxe os terreos da batería militar de Silleiro aínda non pertencen ao Concello de Baiona, solicitan o acondicionamento de espazo e a cesión gratuíta, tras indemnización as propietarias e propietarios aos que lle foran roubados polo réxime franquista.

 

Renuncia ao aumento do gasto militar

“O BNG critica o incremento do gasto militar desorbitado que se produce a partir destes orzamentos de 2023. É inxustificábel que a prioridade do Goberno de PSOE/UP sexa aumentar 3 mil millóns de euros o gasto militar nun contexto de crise social e económica” asevera Rego.

“O BNG emenda o capítulo de gasto militar precisamente porque entendemos que a prioridade neste momento debe ser outra, as políticas sociais e de reactivación da actividade económica e de creación de emprego” afirma o deputado.

O BNG solicita unha inversión de 3 millóns de euros en Baiona