ASISTIMOS A UNHA XUNTANZA QUE CHEGA TARDE
Seguimos apostando polo diálogo
A xuntanza informativa do Goberno municipal con ACEBA á que foron convidados os grupos da oposición, asistindo PSOE e BNG, co fin de explicar a ordenanza de terrazas en espazos de uso público prodúcese tras estar xa ésta aprobada.
Após rexeitar, facendo uso do voto de calidade , a nosa proposta de diálogo e consenso previos á aprobación definitiva da ordenanza de terrazas en espazos de uso público, agora, coa ordenanza xa aprobada e sen vontade de rectificar faise imposible calquera outra vía que non sexa o acatamento da mesma. Esta reunión, convocada de forma tan urxente, amosa a intranquilidade e preocupación que xerou no colectivo de comerciantes e empresarios.
Así mesmo, o BNG reafirma a importancia do diálogo e participación veciñal para a toma de decisións. Nesa liña a primeira moción nacionalista nesta lexislatura solicitou a constitución dunha comisión para a elaboración dun regulamento de participación veciñal, sendo aprobada por unanimidade pero non efectivizada polo Goberno Municipal.
O BNG-AA seguirá apostando por realizar unha oposición construtiva, tendendo sempre a man ao goberno de Baiona polo ben dos veciños e veciñas.
Lamentamos que esta xuntanza chegue tarde, mal, sen vontade de cambio, non contando tan siquera con todos os colectivos afectados do concello e producíndose ademáis a instancias da petición realizada por ACEBA.