O BNG reclama un mantemento integral dos parques infantís
Ante o deterioro manifesto en diversos parques infantís o BNG-AA reclama que o Concello de Baiona adopte as medidas oportunas para que éstes reúnan as condicións mínimas de mantemento e seguridade.
Falta de previsión, deixación de funcións e mesmo desatención ás parroquias veñen provocando que algúns dos parques infantís presentes ao longo do concello de Baiona resulten xa un perigo para os nenos e nenas que os podan usar. A solución prantexada, unha cinta de prástico advertindo do perigo. Namentres, en parques infantís do centro urbán execútanse obras de renovación do chan de caucho.
O BNG-AA ten constancia de que varios veciños e veciñas denunciaron a situación de abandono, mais o Concello de Baiona non actuou en consecuencia. A excusa dada foi que non existía partida orzamentada para tal feito.
Para Iago Pereira, portavoz do Grupo municipal do BNG-AA trátase dunha falta de previsión e planificación. Non basta con solicitar a instalación de parque infantís cando Xunta ou Deputación abren unha liña de subvencións, debe contarse cunha planificación integral que prevea a inversión en mantemento das instalación en materia de conservación e seguridade. Non se preveeu e agora xurden as consecuencias.
Si non vai a realizarse un mantemento, que menos que retirar os elementos que poden provocar danos ou accidentes.
As imaxes do parque infantil da Avenida de Sabarís son desoladoras, propias máis ben dun concello en estado de abandono que dun que presume de excelencia turística, afirma Iago Pereira.