O CRECENTE APOIO VECIÑAL FACILITOU A CONFORMACIÓN DA MESMA, CUNHA PALPÁBEL RENOVACIÓN MOI FEMINIZADA
O BNG presenta a candidatura completa para as Municipais de Maio
Nun local ateigado o Bloque Nacionalista Galego presentou a composición final da súa candidatura ás Municipais en Baiona. Vinte e ún homes e mulleres que teñen renovadas ilusións nun proxecto que non se pón cancelas en canto á expectativas.
Xosé Manoel Marcote, Yasmina Moreira e Iago Pereira fixeron a presentación dunha listaxe de persoas comprometidas pola transformación de Baiona e cun proxecto que ten as ideas claras.
Xa que logo, a candidatura confórmase como segue:
01. Iago Pereira Moreda
02. Yasmina Moreira Costas
03. Xosé Manoel Marcote Gil
04. Mª Xulia Castro Campos
05. Patricia Mariscal Domínguez
06. Xosé Luís Blach Fernández
07. Bernabé Sequeiros Pinzás
08. Montserrat Fernández Morell
09. Alba Camesella González
10. Iolanda Lamas Ambroa
11. Miguel A. González Lago
12. Martín López Goce
13. Cruz Refojos Meneses
14. María Romero Soliño
15. Belén Piñeiro Costas
16. Uxía Costas Pais
17. Xosé Francisco Quintas González
Suplentes:
01. Ana Mª Rodríguez Fernández
02 Xosé Manuel Marcote Rodríguez
03. Miguel Blach Leyenda
04. Mercedes Leyenda Nogueira
A renovación é palpábel, formando parte dela sete novas incorporacións, cunha forte presenza feminina (dez de dezasete) e cunha media de idade inferior aos 42 anos.
Mais si algo cómpre destacar foi a manifesta intención de homenaxear a quenes lles antecederon na defensa dos valores que representa o BNG. Como xa é costume, o peche da candidatura ten unha significación honorífica e Xosé Francisco Quintas ten todo o recoñecemento polo seu compromiso e apoio ao BNG desde hai moito anos, estando ás duras e ás maduras, botando unha man altruistamente sempre que se lle pediu, sin máis aspiración que ver medrar o proxecto nacionalista en Baiona. Este recoñecemento continúa coas catro suplencias, que representan aquela vella guardia que participou activamente na política nos tempos máis complexos: Ana, Marcote, Xela e Miguel Blach recibiron tamén ese recoñecemento e coñecemento polas novas persoas que agora encabezan a candidatura ás Municipais.
"Estes catro últimos anos vimos como día a día iamos gañando máis confianza entre a veciñanza, sendo quenes de abandeiras o liderado na oposición fronte a un Partido Popular esnaquizado e sin proxecto para Baiona", decía Iago Pereira, candidato á Alcaldía. "Nós estivemos sempre aí, na loita contra o campo de golf, na defensa das demandas dos pais e nais do Primeiro de Marzo, na reclamación de pediatra substituto, nas demandas pola xestión da piscina mancomunada e recientemente na consecución do Centro de Interpretación da Naturaza na Foz do Miñor. Eis a diferenza na xestión que representa o BNG fronte ao Partido Popular, abandeiras proxectos contando coa colaboración da veciñanza e dos colectivos, non asumilos unilateralmente até provocar conflictividade social".