O BNG PARTICIPOU NA CONCENTRACIÓN NO CENTRO DE SAÚDE DE A XUNQUEIRA

O BNG pola mellora e fortalecemento da atención primaria

BNG en Baiona
BNG en Baiona
O BNG pola mellora e fortalecemento da atención primaria

Este 12 de abril, coincidindo co Día internacional da atención primaria, a plataforma S.O.S. Sanidade Pública convocou unha concentración no Centro de saúde do Val Miñor para defensa e mellora da atención primaria en Galiza. O portavoz municipal Iago Pereira, a concelleira Yasmina Moreira e a responsábel local Julia Castro participaron e apoiaron o acto.

O goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza  recortou en atención primaria 2.339 millóns de euros entre 2009 e 2023, resultando que Galiza atópase hoxe en día na metade desa porcentaxe dese investimento.

O BNG proporá no parlamento galego un paquete de medidas para reverter esta situación coa intención de establecer un novo modelo baseado en tres piares fundamentais:

O primeiro pasa por contar con suficiencia financeira para blindar ese 25% do orzamento sanitario que se destinará á atención primaria. O segundo deles baséase na contratación do persoal sanitario necesario, rematando coa precarización e coa fuga de médicos e médicas por esta causa. Finalmente, o terceiro, céntrase na dotación da atención primaria dunha carteira de servizos con novas especialidades imprescindibles para prestar unha atención integral, como psicoloxía clínica, podoloxía, fisioterapia ou logopedia, entre outras.

O B.N.G. seguirá a traballar para mudar a situación actual da sanidade pública galega, produto de catorce anos de recortes do PP para desmantelar o público e favorecer o privado.

O BNG pola mellora e fortalecemento da atención primaria