MEDIANTE ESTA ACCIÓN O BNG INSTOU Á VECIÑANZA A PRESENTAR RECLAMACIÓNS ANTE O SERGAS POLA AUSENZA DO SERVIZO DE PEDIATRÍA DENDE O 1 AO 15 DE SETEMBRO.
O BNG dispuxo dunha mesa informativa diante do Centro de Saúde
Até a mesa achegáronse centos de persoas que amosaron o seu descontento e preocupación polo desleixo, tanto da Consellería de Sanidade dirixida polo exalcalde Vazquez Almuiña, coma polo actual goberno municipal co seu alcalde, Ángel Rodal, á cabeza. “A vaga excusa da non existencia de substitutos e o cómplice silencio do Alcalde amosan unha grave despreocupación e unha incapacidade de xestión ante un problema que atinxe as/os nosas/os cativas/os”, dí Iago Pereira, Portavoz Municipal do BNG no Concello de Baiona.
Na xornada recolléronse máis de 60 reclamacións que xa foron presentadas formalmente. “Dende o BNG consideramos un éxito e unha demostración de que aos Baioneses preocúpanos, e moito, o funcionamento do Centro de saúde ante esta inxustiza”, apúnta Iago Pereira.
Ante unha nova inxustiza social, Baiona volta manifestarse e o BNG estivo á carón das persoas. “Agradecemos profundamente a participación da xente e acollida que tivemos co único desexo de que o servizo de pediatría de Baiona non fique abandonado”, conclúe Iago Pereira.