Charla-Debate sobre os ventres de alugueiro
O vindeiro Xoves 1 de Febreiro, a partires das 20 horas, na Praza de Abastos de Baiona (Ángel Bedriñana) o Bloque Nacionalista Galego celebrará unha charla-debate arredor do ventres de aluguer.
A mal chamada xestación subrrogada saiu á palestra logo dunha tentativa de regulación mediatizada e a traves dunha proposta de iniciativa lexislativa popular. A realidade é que foi impulsada por asociacións interesadas económicamente nesta regulación, pretendendo branquear o que é unha práctica explotadora do corpo das mulleres, nomeadamente as de maiores limitacións económicas.
Con esta charla o BNG pretende facer un chamamento para que tanto mulleres como homes cobren conciencia sobre o que realmente agocha o negocio dos ventres de aluguer, posibilitanto o amparo necesario para aquelas mulleres que están a ser explotadas en favor duns intereses única e exclusivamente económicos.
A charla será presentada por Juli Castro, veciña de Baiona e presenta na candidatura do BNG en Baiona nas pasadas Eleccións Municipais e contará coa participación de Ana Bringas, Coordinadora da Área de Traballo Nacional de Acción Feminista do BNG, onde se produxo un intenso traballo e debate para o posicionamento da organización nacionalista e que posteriormente foi refrendado polos seus órganos de dirección.