O BNG FAI UN CHAMAMENTO A PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS REIVINDICATIVAS DE HOXE
8 M, Día Internacional da Muller Traballadora
O BNG de Baiona, como cada ano, participará de xeito activo na mobilización de hoxe en A Ramallosa.
O Bloque Nacionalista Galego ten un compromiso indiscutible co feminismo e así o demostra co traballo político tanto no goberno como na oposición e co traballo social dentro e fóra das institucións.
Neste 8 de marzo somos moitas as organizacións que reivindicamos mais unha vez a conmemoración do día internacional das mulleres traballadoras, un día para non esquecer a loita diaria fronte a precariedade laboral e a loita de clases que aínda no ano 2024, segue existindo.
Julia Castro. Muller e responsábel local do BNG en Baiona.