O BNG NON COMPARTE O ACTUAL MODELO, COMPETENCIA DA XUNTA
GES. Servizo necesario, tramitación deficiente
Na xunta da Mancomunidade do Val Miñor celebrada no día de hoxe todos os grupos políticos, excepto o Bloque Nacionalista Galego que manifestou a súa abstención, apoiaron a adenda con reparos ao convenio entre Xunta, FEGAMP, Deputacións Provincial e concellos para o servizo do Grupo de Emerxencia Supramunicipal, o antigo GRUMIR.
Este servizo, imprescindible para o Val Miñor, vén desempeñándose cunha xestión irregular en canto ao método de contratación do seu persoal. O feito de ter que aprobar esta adhesión con reparos débese a unha ineficaz xestión tanto da Xunta de Goberno da Mancomunidade do Val Miñor, incapaz de solvertar os defectos reflexados nos correspondentes informes xurídico e de intervención.
Estréase con torpeza o Alcalde de Nigrán, Juan González, non só polo feito de elevar a xunta da mancomunidade un acordo con reparos, sinón tamén por non ter convocado previamente á mesma a correspondente xunta informativa. Agrávase este comportamento coa falta de argumentación na exposición do punto, convertindo a xunta da mancomunidade nun mero trámite administrativo, baleiro de debate e de contido. Esta estratexia englóbase dentro do habitual seguidismo do PSOE no Val Miñor aos postulados de Abel Caballero respecto á Área Metropolitana.
Os reparos observados polo informe de intervención sinalan, ademáis, a insuficiente dotación orzamentaria, xa que o convenio reflexa un custe total de 169.000 anuais, cando na práctica o real é de 268.535,79 , aportando a Mancomunidade 132.420,79 .
En canto á situación do persoal, sinalan ambos informes que se produce unha irregularidade no método de contratación, celebrándose sucesivos contratos temporais, cando ditos traballadores deben adquirir de facto a condición de persoal indefinido da Mancomunidade.
Por todo elo, o Bloque Nacionalista Galego, recoñece que a adenda é un mal menor, sobre todo para preservar os postos de traballo do persoal actual. Mais non comparte o actual modelo, competencia da Xunta de Galiza, no que Medio Rural se retrasa nos pagos, provocando importantes tensións de tesourería e cun mapa de emerxencias desastroso. En concellos onde o BNG goberna non continuou baixo este modelo, asumindo o Concello o persoal.