Encontro aberto para relanzar o proxecto nacionalista
O vindeiro Xoves 21, a partires das 20.30 horas o Bloque Nacionalista Galego realizará no Hotel Tres Carabelas un encontro aberto a todos os baioneses e baioneses que estean interesados en realizar as achegas e opinións que consideren no Proceso Adiante da formación nacionalista.Este profundo proceso de debate e refundación foi acordado na pasada XV Asemblea Nacional, celebrada no Palexco da Coruña, sendo unha aposta decidida de reevaluación e renovación no que é a maioritaria organización nacionalista do noso país.
Ao encontro aberto asistirá Serafín Otero, membro do Consello Nacional do BNG, estando acompañado por Xosé M. Marcote, concelleiro en Baiona e recién elexido membro da Executiva Nacional.
As conclusións do encontro quedarán reflexadas nunha acta que será logo colgada na web do Proceso: adiante.gal. Tras a celebración de máis dun cento de encontros por todo o país dará comenzo a terceira fase, na que coas achegas realizadas nos mesmos comece a elaboración duns textos iniciais sobre o que traballarán os distintos grupos de traballo que se constitúan para continuar debatindo as cuestión neles reflexados.
Tras esta nova fase de diálogo os textos debatidos en grupos serán elevados ás asembleas comarcais para o debate das resolucións que se deriven e que serán refrendadas nunha Asemblea Nacional, a celebrarse no ano 2017.
Unha vez máis é o Bloque Nacionalista Galego quen aposta decidamente pola democracia participativa, de abaixo para arriba, facendo bandeira do asemblearismo que forma parte da militancia nacionalista, mediante un proceso novidoso no escenario político galego.