Encontro aberto no Val Miñor
Montse Prado acompañará a Marta Dacosta e Xavier Rodríguez, representantes miñoranos da candidatura nacionalista
Baiona, 9 de Setembro do 2016
Este Domingo, a partires das 12 da mañá, o Bloque Nacionalista Galego celebra un encontro aberto no Auditorio do Concello de Nigrán. O mesmo contará coa presenza da candidata e parlamentaria nacionalista Montse Prado, así como Marta Dacosta e Xavier Rodríguez, representantes miñoranos da candidatura pola provincia de Pontevedra.
Neste encontro se presentará a alternativa nacionalista e as principais liñas dun programa que contou cunha importante contribución de numerosos colectivos sociais, tales como COGAMI, a Alianza Rural Galega, a Rede Galega contra a Pobreza, Unicef ou PAH/Stop Desafiuzamentos, entre moitas delas, así como as contribucións individuais achegadas a través da súa web.
Con carácter festivo e distendido no encontro os e as asistentes tamén intercambiarán opinións e pareceres a modo de faladoiro.
Así, as agrupacións locais dos tres concellos do Val Miñor convidan a todos e todas as miñoráns a participar deste encontro, co ánimo de manter un contacto directo e cordial coa nutrida representación da candidatura que encabeza Luis Bará en Pontevedra. Este convite facémolo extensivo a todos os medios de prensa que habitualmente cubren as novas acaecidas nos tres concellos do Val Miñor.