Imprimir

O Partido Popular certifica o seu final de etapa

bngbaiona | 05 de Novembro de 2018

Fonte: Telemariñas
Fonte: Telemariñas

O Bloque Nacionalista Galego lamenta que unha vez máis a veciñanza de Baiona sufra a nefasta xestión do Partido Popular, xa no mes de Xuño solitaran a dimisión do Alcalde de Baiona, tras a sentenza condenatoria que obrigaba a readmitir a Ángeles Silva, cargo de confianza nomeado por Ángel Rodal. Os feitos volven a dar razón ao BNG, o Goberno Municipal está esgotado e certifica un fin de ciclo. Unha nova alternativa para Baiona debe xurdir e ser refrendada polo veciñanza.

“”Diante da presentación duns orzamentos que incrementan notablemente as partidas de atención protocolarias e de publicidade e propaganda (máis de 40.000 €), a alternativa ten que ser social e é a que vén demandando o BNG ano tras ano, di Iago Pereira, Portavoz Municipal dos nacionalistas. É por elo que con responsabilidade o BNG presentará emendas co fin de cando menos mellorar uns orzamentos que en todo caso non poderán ser apoiados, toda vez que explicita a desastrosa xestión municipal con partidas como as adicadas a custes por contenciosos e multas e sancións.

O abandono de Beatriz González non é máis que un segredo a voces, que o Goberno Municipal está tan esgotado que xa nin internamente se sostén. A seis meses de celebrarse novas Eleccións Municipais esta inestabilidade só a sufrirá a veciñanza en xeral de Baiona, cunha proposta de orzamentos que non foron negociados cos demais grupos da Corporación Municipal.

O BNG non comparte actitudes individuais sinón proxectos políticos, mais é evidente que o proxecto político do Partido Popular xa non conta co apoio maioritario da veciñanza baionesa.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/partido-popular-certifica-seu-final-etapa/20181105192716001090.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego - Baiona

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal