Imprimir

Outra xestión desastrosa na contratación por parte do Goberno Municipal de Baiona

bngbaiona | 21 de decembro de 2018

Ángel Rodal. Alcalde de Baiona
Ángel Rodal. Alcalde de Baiona

Despois das diversas sentenzas xudiciais que condenaron ao Concello á contratación de persoal que accedeu a estes postos de traballo de maneira dubidosa, do fraude na contratación das becarias e dos becarios e das varias multas e sancións por irregularidades na xestión laboral do persoal do Concello chega, agora outra deficiencia nas contratacións laborais polo cal, Traballo insta ao Concello de Baiona a equiparar os salarios do persoal contratado a través do Plan Concellos cos do persoal do Concello. Unha cuestión tan lóxica como que “ao mesmo traballo, mesmo salario”.

Esta nova desastrosa xestión do PP estímase que terá un custo de 40.000-50.000 € para as Baionesas e os Baioneses. Outro gasto máis que o desnortado e acabado goberno de Baiona fainos pagar a todas e todos.

O PP de Baiona, sempre coa complicidade do goberno de Rafael Louzán na Deputación provincial de Pontevedra, estaba acostumado a usar os fondos públicos provinciais para obras electoralistas e carentes de proxecto de Vila. Xa que logo, moitas destas infraestructuras fican en estado de abandono ou cun deficitario mantemento.

Coa chegada do BNG no 2015 ao goberno da Deputación de Pontevedra estas adxudicacións económicas “a dedo” trocáronse por subvencións en base a proxectos. E dicir, valórase ter ideas e o proxecto de Vila que o goberno municipal teña para o Concello, o principal xa non é ter carné do PP coma antes. Esta mudanza trae consigo un exercicio de xestión por parte do goberno do Concello. Unha xestión que, outra vez máis, é moi deficiente.

Baiona precisa un proxecto de Vila onde todo xire en torno ás persoas, cunha xestión eficaz baseándose na posta en valor e no respecto ao patrimonio, cultura, medio ambiente e, por suposto, ás traballadoras e traballadores.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/outra-xestion-laboral-desastrosa-do-goberno-muncipal-baiona/20181221113408001096.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego - Baiona

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal